Xarda seca con guindillas (Prato II)

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Xarda seca con guindillas (Prato II)

Ir á receita en castelán
Imos ca segunda de tres recitas con xarda seca ou en salgadura. Enamorado deste peixe.

  • Xarda seca
  • 1 bote de guindillas verdes 
  • 2 chalotas
  • 150 grs de manteiga
Posiblemente estamos diante da preparación que mais me gustou, das feitas ca xarda seca.
Entre o prebe preparado cas guindillas, o crocante dos rabanitos e guindillas, mesturado cas porcións de xarda, fixeron para min un bocado delicioso.
  1. Para a preparación da xarda seca ou en salgadura, premer no seguinte enlace: Ensalada de xarda seca
  2. Sacamos as guindillas do bote, reservando o líquido de goberno da conserva.
  3. Cortamos as puntas das guindillas e reservamos. Abrimos ó longo as guindillas e retiramos as sementes. Neste paso tedes que decidir como queredes a preparación de picante: sen sementes suave, con sementes mais picante.
  4. Picamos as guindillas e pasamos ó vaso do batedor, incorporamos o líquido reservado e trituramos.
  5. Escoamos o resultado de bater.
  6. Nun cazo pochamos a chalota picada, engadimos o zume de guindillas e engadimos a manteiga. Retiramos do lume e non deixamos de remexer ate que consiga textura de crema.
  7. Presentamos o prato, poñendo unha fila de bocados de xarda seca. Noutra fila, á mesma altura dos bocados de xarda, un golpe do prebe de guindilla. Picamos en rodelas as puntas de guindillas reservadas e engadimos por riba do prebe, xunto co rabanito picado.
Como xa vos dixen mais arriba, un bocado sensacional e cheo de sabor.
Para a súa degustación, colleremos o bocado de xarda xunto co prebe.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
guindilla
rábano
Xarda seca