Polo con chalotas, champiñóns e touciño

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Polo con chalotas, champiñóns e touciño

Ir á receita en castelán
Xa levábamos algún tempo, sen facer nada con carne de polo.
Imos a facer unha cocción a lume baixo, que vai a facer que todos os ingredientes queden perfectos.

  • 1 polo en anacos (ou partes nobres)
  • 60 grs de manteiga
  • 6 chalotas
  • 100 grs de touciño entreverado
  • 6 champiñóns grandes
  • 3 dentes de allo
  • 1 cullerada de prebe de tomate
  • 100 ml de viño branco Ribeiro
  • Caldo de polo
  • 2 culleradas de fariña
  • Sal e pementa negra
Os que me seguides regularmente, teredes notado que non son moito de usar manteiga na miña cociña, pero teño que dicir que neste caso dalle un agradable toque. O prato en xeral estaba moi bo, pero as chalotas quedaron para comelas solas.
  1. Salpimentamos os anacos de polo.
  2. Poñemos a manteiga nunha cazola e douramos os anacos de polo e que se integren ca manteiga.
  3. Engadimos as chalotas peladas e enteiras. O touciño cortado en tiras e cociñamos ate que collan cor, uns oito minutos.
  4. Laminamos os champiñóns e os allos e engadimos ó conxunto. Remexemos e deixamos facer ata que os champiñóns solten a súa auga.
  5. Engadimos a fariña e remexemos para que se mesture. Incorporamos o prebe de tomate removemos e deixamos facer uns minutos.
  6. Poñemos o viño branco e deixamos que se evapore o alcohol, levando o conxunto case ata seco.
  7. Engadimos o caldo de polo e deixamos que se vaia facendo, tapado a lume baixo.
  8. Cando o polo estea no seu punto de cocción, o retiramos xunto cas verduras e o touciño a unha fonte. Se vemos que o prebe está moi solto, engadimos unha cullerada de fariña ou espesante, para conseguir a textura desexada.
Un guiso de polo que estou seguro vos vai a gustar a todos. Ides a necesitar bastante pan, aviso.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Chalotas
Champiñóns
Polo
Touciño