Milfollas de xamón de pato e mango

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Milfollas de xamón de pato e mango

 
Ir á receita en castelán
Nas mesturas doce-salgado a reina é o melón con xamón. Hoxe cambiamos.


  • Xamón de pato
  • Mango
  • Cóengo verde e roxo
  • Noces
  • Aceite
  • Vinagre de mazá
  • Sal
Como dicía arriba, hoxe imos a cambiar os ingredientes do famoso doce-salgado que tomamos de primeiro prato. Imos a trocalos por xamón de pato e unha fruta tropical: o mango. Penso que a mestura dos dous ingredientes é un auténtico disfrute para a nosa boca. Pero nesta ocasión vos teredes a última palabra.
A título de información dicirvos que en Ourense, mais en concreto en Vilardevós, está Ánades Galicia empresa dedicada á elaboración de produtos de calidade, procedentes dos patos que eles mesmos crían. Foie gras, confits, xamón de pato, fabas con pato, etc. Podo dar fe do traballo de calidade que fai Ánades Galicia.
  1. Si temos o xamón nunha peza, cortamos o mais fino posible, si xa o mercamos loncheado retiramos do envase. Nos dous casos deixamos unha hora a temperatura ambiente.
  2. Pelamos o mango e cortamos en láminas finas.
  3. Facemos unha vinagreta co aceite e o vinagre. Eu sempre fago unha proporción de tres culleradas de aceite por unha de vinagre. Batemos ben para que emulsione e engadimos as noces en anacos.
  4. No prato de servizo poñemos unha base de cóengos e imos alternando láminas de xamón de pato e de mango. Aliñamos ca vinagreta de noces e listo para a mesa.
Non escollín os cóengos ó azar, penso que, xunto ca rúcula, son as follas que mellor lle van.
Ides a gozar de unha rica ensalada, que fai un primer prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
 
Cóengos
Mango
Xamón de Pato