Caldo galego

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Caldo galego

Como xa observariades, levo case tres meses sen publicar no blogue.
Neste período de tempo estiven valorando botar ó peche, pero o fin volto, non sei con que periodicidade, pero volto de novo.
E como non con unha receita moi nosa.

  • 120 grs de fabas de Lourenzá
  • 2 osos de tenreira
  • 1 anaco de lacón
  • 1 chourizo semifresco
  • 1 repolo de corazón pequeno
  • 4 patacas medianas
  • 1 anaco pequeno de unto
  • Sal
Tiña unha débeda pendente con blog e con vos, e esa era non ter publicado, aínda, unha receita de caldo galego.
Esta é unha receita moi sinxela, pero saborosa coma a que mais. Eu uso repolo, pero poden ser grelos ou berza, tamén lle engado o compango. En fin feito a miña maneira.
  1. O día anterior poñemos as fabas en auga e si o lacón é salgado, tamén o deixamos en remollo.
  2. Unha media hora antes de comenzar a facer o cocido, poñemos os osos de tenreira en auga fría para que solten parte das impurezas (veredes que a auga se torna con certo color de sangue).
  3. Xa postos maos á obra, na cazola na que faremos o caldo, poñemos as fabas, os osos de tenreira, o anaco de lacón e o anaco de unto. Cocemos durante 45 minutos aprox. e imos desespumando cando o necesite.
  4. Pasado o tempo engadimos o repolo, as patacas e o chourizo (enteiro) e deixamos que coza uns 20/25 minutos mais. Comprobamos que as patacas e as fabas estean no seu punto.
  5. Retiramos os osos, o lacón, o chourizo e o anaco de unto. Picamos o lacón e o chourizo, que podemos levar á mesa, xunto ca cazola de caldo, por se algún comensal lle gusta co compango.
Como xa vos dixen un prato moi noso e moi saboroso, que nestes días de invernía é mais que aconsellable. Eu normalmente sempre o fago de véspera.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
    caldo
    Fabas
    galego
    Lacón
    Patacas
    Repolo