Bocadillo de pastrami

Blog de Recetas: As pequenas viaxes (e algo de gastronomía)

Receta de Bocadillo de pastrami

 
Ir á receita en castelán
Este é o famoso bocadillo, que se sirve na famosa escena da película "Cuando Harry encontró a Sally".
  • Pan rústico
  • Pastrami
  • Pepinillos grandes
  • Queixo en lonchas
  • Rúcula e follas varias
  • Maionesa
  • Mostaza
  • Manteiga
O pastrami é basicamente carne roxa de tenreira, especiada, posta en salmoira e afumada.
Este produto é moi típico no outro lado do Atlántico, de feito é típico velo nos bocadillos nas películas norteamericanas.
De un tempo a esta parte comenza a verse nas nosas superficies de alimentación.
  1. Poñemos a manteiga a temperatura ambiente.
  2. Mesturamos un pepinillo picado, a maionesa e a mostaza o noso gusto.
  3. Cortamos en láminas os pepinillos.
  4. Untamos as partes interiores do pan con este prebe que fixemos e as exteriores ca manteiga.
  5. Sobre unha base de pan poñemos a rúcula e outras follas aliñadas cun pouco aceite, láminas de pepinillo, un par de lonchas de pastrami, o queixo, outro par de lonchas de pastrami e máis follas de rúcula.
  6. Poñemos a outra tapa de pan e pasamos pola prancha para douralo por fora.
Listo en pouco tempo, vainos a facer unha merenda ou cea rápida, ademais de saborosa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es

 
Pastrami